ENTREGA Premios Edificación 2012
Entrega dos Premios Edificación 2012 a alumnos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.
O Salón de Actos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña (Aparelladores) acollerá o xoves 3 de maio a exposición e entrega de Premios Edificación 2012, que este ano celebra a súa cuarta edición baixo o lema “Construíndo un mundo sustentable”.
Estes premios están organizados pola empresa BASF Construction Chemicals España, S.L. e a Asociación CLUB DIR como forma de impulsar o achegamento das novas tecnoloxías ao mundo académico, que no caso da Escola de Arquitectura Técnica da Coruña van xa pola cuarta edición. O proxecto recoñece o traballo dos alumnos dos últimos cursos na realización de traballos de materias vinculadas á aplicación das novas tecnoloxías químicas para a construción.
A sesión comezará ás 12.30 horas coa visita á exposición dos traballos clasificados e ás 12.40 horas celebrarase a apertura do acto de entrega dos premios, presidido polo vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, Julio Abalde. Intervirán, ademais, o tenente de alcalde de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio do Concello da Coruña, Martín Fernández Prado; o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio José Boné Pina, o director da Escola, Pedro Fernando Nogueira, Eloy Urbón (presidente da Asociación Club DIR), Eduardo Brandao, director de BASF Construction Chemicals España, S.L. e o subdirector de Innovación e Comunicación da EUAT, Ángel José Fernández Álvarez, secretario do xurado do premio.
Más info en: Página WEB Asociación Club DIR