fblogo

II Olimpíada Enxeñaría na Edificación

A Olimpíada está dirixida ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, co obxecto de espertar vocacións entre os escolares.

Esta OLIMPÍADA propón o desenvolvemento dun proxecto que relaciona a enxeñaría na edificación coa sustentabilidade.

O traballo consistirá nunha análise do edificio escolar e na elaboración dunha proposta de rehabilitación que pode abarcar distintos ámbitos:

  • a eficiencia e o aforro enerxético
  • a mellora da accesibilidade
  • a calidade ambiental (acústica, térmica, lumínica) e/ou
  • o impacto ambiental asociado aos materiais de construción

Os equipos estarán constituídos por un mínimo de dous alumnos e un máximo de cinco, acompañados por un titor, preferentemente profesor de TECNOLOXÍA en ESO/Bacharelato, ou de PROXECTOS nos Ciclos Formativos.

Inscricións: Do 15 de febreiro ao 1 de marzo, nesta dirección web autonómica da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica - EUAT da Coruña

       pdf II Olimpiada EUAT NomeCentroDocente 01 Inscripcion (63 KB)

Documento de Bases da Convocatoria:

       pdf Convocatoria Bases II OLIMPIADA IE UDC galego (629 KB)

       pdf Convocatoria Bases II OLIMPIADA IE UDC castellano (628 KB)

Ouros recursos dispoñibles na web da olimpíada estatal: https://www.codatie.es/olimpiada