MODIFICACIÓN DENOMINACIÓN TÍTULO::PROPUESTA APROBADA EN CONSELLO DE GOBERNO 21/03/2013
Modificación na denominación do Título de Enxeñaría da Edificación
Aprobado o cambio da denominación de Graduado/a en Enxeñaría da Edificación en Graduado/a en Arquitectura Técnica
O Consello de Goberno, na súa sesión de 21 de marzo, aprobou solicitar de forma provisoria o cambio de denominación do título de Graduado/a en Enxeñaría da Edificación polo de Graduado/a en Arquitectura Técnica, mentres non se resolvan con carácter definitivo os procedementos xudiciais derivados da denominación “enxeñaría da edificación”.
Este cambio de denominación é necesario para superar a actual situación de inseguridade xurídica. Por iso, o equipo de goberno solicitou aos órganos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica unha proposta de denominación provisoria. A Xunta de Escola, reunida en sesión extraordinaria o 7 de marzo de 2013, acordou propor a denominación alternativa “graduado ou graduada en enxeñaría da construcion arquitectónica”. Porén, esta denominación é xuridicamente inasumible e de improbable aprobación polos organismos avaliadores, por reiterar a palabra “enxeñaría”, causante da confusión que levou á anulación xudicial da denominación anterior e que mantería a situación de inseguridade xurídica dos nosos titulados.
En consecuencia, oída a Xunta de Escola de Arquitectura Técnica, o Consello de Goberno acordou, ao igual que o resto das universidades pertencentes á Conferencia de Reitores do Noroeste de España, solicitar o cambio da denominación por graduadoa/a en “arquitectura técnica” por ser esta a denominación da profesión regulada. Este cambio de denominación provisoria, mentres non se resolva con carácter definitivo a validez da actual denominación do título da Universidade da Coruña, non afecta ao plan de estudos aprobado por Resolución reitoral do 1 de febreiro de 2011 que se mantén en todos os seus termos coa única modificación da denominación.
Texto completo da proposta aprobada polo Consello de Goberno