fblogo

AVALIACIÓN DOCENTE::MATERIAS SEGUNDO CUATRIMESTRE

Xa está en marcha a Avaliación Docente. Excepcionalmente poderán avaliarse tanto as materias do SEGUNDO CUATRIMESTRE coma as do primeiro (ademais das anuais). Para participar pódese acceder a través da páxina de inicio da web da Avaliación www.udc.es/avaliemos, ou directamente desde http://enquisas.sic.udc.es.

Teñan en conta que:

- O usuario e a contrasinal a empregar son os obtidos en http://servizos.udc.es.

- Para autenticarse e facer as enquisas convén empregar Chrome ou Firefox. Se se utiliza Internet Explorer, hai que autenticarse co "modo compatibilidade" activado e cubrir as enquisas co modo de compatibilidade desactivado.

- En caso de dúbida recoméndase consultar o apartado de “Preguntas frecuentes”, no menú da esquerda da web da Avaliación Docente.