fblogo

NOTA INFORMATIVA::EXTINCIÓN DEL TITULO DE ARQUITECTURA TÉCNICA

NOTA INFORMATIVA

EXTINCIÓN DA TITULACIÓN DE ARQUITECTURA TÉCNICA
Resolución da UDC de 13 de marzo do 2013.
Vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías.


“De acordo co disposto na Disposición Segunda do R.D. 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e tendo en conta o inicio da extinción de cada un dos títulos da Universidade da Coruña, correspondentes á ordenación académica anterior, éstes quedarán definitivamente extinguidos, (incluída polo tanto a posibilidade de render exame das materias correspondentes ao derradeiro curso do título), nos anos académicos que a continuación se detallan.

Advírtese tamén de que, no seu caso, a posibilidade de uso da convocatoria regulada por Resolución Reitoral de 27/09/2012 (pola que se regula a derradeira convocatoria daquelas materias que non teñan dereito a exame, por seren de cursos totalmente extinguidos) para calquera materia de calquera curso do título, finalizará no ano académico expresado:

Ano académico 2013/14:
Arquitecto Técnico en Execución de Obras (*)

 

*Os alumnos desta titulación disporán como máximo do ano académico posterior ao que figura neste escrito para superar o Proxecto Fin de Carreira da súa titulación”.

A Coruña, 15 de marzo de 2013.