fblogo

MOVILIDAD INTERNACIONAL::ACORDOS DA COMISIÓN DOCENTE SOBRE RECOÑECEMENTO ACADÉMICO

Acordos da Comisión Docente da EUAT sobre o recoñecemento académico nos TFG e no convenio existente para o PFC de Arquitectura Técnica.

Coa vontade de potenciar a mobilidade  internacional e o recoñecemento internacional dos estudantes e titulados da EUAT a Comisión Docente tomou na sua reunión do 06/02/2013 os seguintes acordos:

1.- Impulsar o recoñecemento académico dos TFG nos programas de mobilidade internacional, condicionado ao cumprimento das normativas académicas que resulten de aplicación. En particular, o recoñocemento estará condicionado ás normas de admisión na materia na universidade de orixe e ao caracter finalista do TFG na universidade de orixe -establecido no artigo 12.3 do Real Decreto 1393/2007 - para todos os estudos de Grao. O recoñecemento académico sólo será aplicable durante o curso no que se realice a estadía.

2. Segundo establece o Capítulo V do novo “Regulamento sobre Mobilidade Internacional de Estudantes”,  a persoa responsable de RRII da EUAT deberá elaborar as propostas de táboas de equivalencia, que deberán ser aprobadas pola Xunta de centro ou pola Comisión Delegada competente en organización e planificación académica do Grao. Estas accións serán promovidas durante o próximo curso 2013-2014, toda vez que xa terá rematado o Grao a súa implantación.

3. No relativo aos estudos de Arquitectura Técnica a extinguir, o convenio xa existente entre a VIA University College-Risskov (Dinamarca) para o PFC de Arquitectura Técnica será adaptado ao novo “Regulamento sobre Mobilidade Internacional de Estudantes” da UDC para a súa viabilidade mediante recoñecemento académico.